«Aquí tamén se fala galego»: como unha campaña de instituto levou nun ano a nosa lingua a todo o mundo?
Viggo Mortensen, Amaia e James Rhodes falando galego? Pois si! Son algunhas das celebridades que dan a cara por un proxecto do IES Rafael Dieste que levou a mileiros de persoas o traballo de cinco profes e 30 alumnos dun centro no que se falan 35 linguas. Un ano de percorrido da campaña máis viral da lingua, que xa ten a 25.000 rapaces movéndose